mércores, 21 de outubro de 2026

E ti que contas?

 Este curso 2026-2027 o Club de lectura E ti que contas? vai viaxar a moitos lugares. "A volta ao mundo" e "Co mundo a voltas" son os Proxectos Documentais Integrados da nosa biblioteca e da biblioteca do Colexio de Educación Especial. Como o alumnado do club é moi viaxeiro, decidimos implicarnos nestes proxectos e coller as mochilas para dar unha pequena volta literaria polo mundo adiante.

Nesta primeira xuntanza presentámonos e falamos das viaxes que nos gustaría facer. As Maldivas, Nova York, Italia, Hollywood, Cuba, Os Ánxeles, París ou Barcelona son algúns dos lugares dos nosos soños. Para finalizar, fixemos un crebacabezas para ver cal sería o percorrido que cadaquén tería que facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario