sábado, 17 de outubro de 2026

XA ESTÁ EN MARCHA O CLUB DE LECTURA!


     Xa tivemos a primeira reunión do Club de Lectura que este curso levará a profe do Departamento de Inglés, Lúa, despois de falar de falar un pouco sobre as lecturas, decidimos que a primeira sexa todo un clásico: O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Unha fantástica forma de comezar este curso! Se queres participar no Club, aínda estás a tempo, pasa pola biblioteca para apuntarte. Vémonos en novembro para falar de rosas, asteroides e da amizade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario