martes, 31 de outubro de 2023
mércores, 18 de outubro de 2023
Vén ao Club de lectura!
Estamos de volta con novidades importantes. Xa tivemos a xuntanza inicial e proximamente reunirémonos para falar de libros. Este curso temos varios grupos segundo idades ou temáticas. Xa vos conto:
- en 1º e 2º ESO Cristina e Vicky porán en funcionamento "Palabras e ciencia"- en 3º e 4º ESO e bacharelato Teresa e Antonio guiarán as xuntanzas
- Paloma e Andrea falarán coa rapazada de "Lecturas diversas"
- Lupe reunirá a un grupiño de 3º ESO co alumnado do Colexio de Educación Especial. "E ti que contas?"será sobre todo un club de escoita
- A curuxa sabia segue a compartir lecturas con profesorado que segue no noso centro e outro que segue a sumarse ás xuntanzas aínda que xa non está nel
Todo isto ten moi boa pinta!!! Non esquecemos a Teresa que, ademais de animar a un grupiño de alumnado lector, segue a coordinar marabillosamente todas as propostas e xuntanzas deste Club de lectura.
xoves, 29 de xuño de 2023
La desconocida
Última xuntanza do Club do profesorado. O motivo era comentar as nosas impresións sobre La desconocida de Rosa Montero e Olivier Truc. Coincidimos en que era unha historia entretida e que mantiña o interese da persoa lectora. Como, por motivos varios, eramos moi pouquiñas decidimos volver comentar esta lectura en setembro; por iso, nesta entrada non comentaremos nada máis, para non dar pistas.
Iso si! Recordade ler no verán. Repasade este libro e ide lendo o seguinte, Vémonos mañán de Xosé Monteagudo.
Boas vacacións e pracenteiras lecturas😀😍
Unha xuntanza moi especial
Última xuntanza do Club de lectura inclusiva, un club de
escoita exemplar no que mozos e mozas se sentiron moi a gusto. Nesta sesión o
alumnado encargado de ler foi o de 3º de ESO do noso club. Participaron con
moitas ganas. Ademais, contamos con Irene e Fran que se encargaron de presentar
as actividades. E tamén con outras alumnas de Oratoria que nos axudaron en todo
momento. Encargáronse de recibir aos compañeiros e compañeiras e ás profesoras
do cole e de facerlle uns bonitos debuxos nunhas libretiñas de agasallo.
Agradecemos a participación de todo este alumnado e
esperamos que siga a colaborar con nós.
Despois da lectura e de escoitar algunha canción de Bob Dylan, fomos ao Salón de actos para ver unha representación teatral dirixida pola coordinadora do Club, Teresa, e interpretada polo alumnado de 2º ESO. Representaron Menuda nochecita e fixérono realmente ben.
E, por último, unha merenda na cafetería para compartir uns momentos de lecer. Só nos queda despedirnos ata o próximo curso que xa comezaremos desde o principio con moita forza.
mércores, 31 de maio de 2023
Xincana literaria
Alí fixemos unha xincana literaria- fotográfica por lugares curiosos de Compostela, aproveitamos para coñecer a varios autores e autoras que viviron ou pasearon polas súas rúas, García Lorca, Rosalía de Castro ou Valle- Inclán. Tamén pasamos por algunhas das librarías máis interesantes da cidade.
Despois deste paseo literario, fixemos unha parada na cafetaría do CGAC, onde falamos das nosas lecturas preferidas. Puidemos comprobar unha vez máis que temos gustos moi diferentes; libros de poesía, manga, novela de ciencia ficción, libros de astrofísica, pero que todas e todos desfrutamos coa lectura.
Pásamolo moi ben na saída , aínda que se nos fixo un pouco curta.
















