venres, 4 de outubro de 2024

De festa en festa

 De festa en festa é o libro que leremos no Club de lectura E ti que contas?, un libro que convida á diversión e, por suposto, a un percorrido por esas festas tradicionais galegas.

Hoxe xuntámonos na nosa biblioteca e presentámonos. Ampliamos o club e hai moitas caras novas!!! Do insti o alumnado de 3º e 4º PDC e do cole a aula azul, gris e branca. Tamén temos unha nova incorporación de profe. Ademais de Encarna, Isa e Lupe, súmase a profe Silvia.

Para a nova xuntanza, leremos a vendima e xa temos algunha que outra canción popular.

venres, 21 de xuño de 2024

Despedida literaria

 Despois de todo un curso de xuntanzas, o Club viaxou a Santiago para facer un percorrido literario. Unha xornada fstiva na que recordar os momentos lectores.

Lecturas diversas

 Us de Sara Soler foi a última lectura da sección do Club, Lecturas diversas.

E ti que contas?

 Celebramos a última xuntanza deste magnífico Club cunha festiña no Cole de Educación Especial. Desta volta, non lemos pero compartimos uns marabillosos momentos; que diso se trata, tamén, neste Club!

Levámoslle uns agasallos que as alumnas do noso instituron fixeron e elas tiveron, tamén, un bonito ex libris feito no cole. Ademais de persoas lectoras, son tremendamente hábiles.

Agora, a descansar, que en nada xa volvemos😍

martes, 11 de xuño de 2024

Medea

  Nova xuntanza do Club de lectura do profesorado para falar de Medea, unha lectura completamente distinta a todas as que fixeramos ata agora. Esta traxedia de Eurípides namorounos. Coincidimos todas en que era unha lectura extraordinaria. Medea, esta maga estranxeira, seduciunos a pesar do que fixo (que non desvelamos para quen se anime a lela). É unha muller profundamente ferida e paixonal que non soporta verse relegada por Jasón despois de todo o que fixera por el. Limos algúns dos seus potentísimos monólogos, limos magníficas intervencións dos personaxes, disfrutamos coa linguaxe poética do Coro. Tamén viaxamos á Grecia clásica para tratar de comprender e constatamos a actualidade desta trama.

Agora, xa só nos queda a última lectura deste curso, Orquesta de Miqui Otero.