luns, 15 de xuño de 2026

E ti que contas!

 Hoxe despedímonos por este curso do Club de Lectura E ti que contas! Fixemos a reunión na nosa biblio, lemos e pasamos un tempo moi divertido coas aventuras do Galo Quirico, un conto tradicional que nos ensina que, ás veces, non é bo ser un larpeiro. Despois visitamos a cafetería para merendar e despedirnos ata o vindeiro setembr
o. Xa estamos pensando nas novas historias que nos agardan.










Agasallando palabras

 No último encontro do Club de Lectura Intercultural na Cruz Vermella agasallamos palabras.

Este foi o agasallo que nos deron
E este foi o noso
Subida en curso: 2974686 de 2974686 bytes subidos.

mércores, 3 de xuño de 2026

Club de Lectura Intercultural

  No Club de Lectura Intercultural e Interxeracional, o Equipo de Correspondentes e Voluntariado reúnese na Cruz vermella de Vilagarcía con estudantes de español de diferentes nacionalidades. O obxectivo destes encontros é compartir para coñecer e nesta ocasión o tema foi "O Entroido". O alumnado voluntario fixo un vídeo no que recolleu o que máis lle chamou a atención. 

Grazas por deixarnos aprender de vós!

xoves, 28 de maio de 2026

Con Pancho Lapeña

 Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no Club de lectura. Pancho Lapeña, profesor de Filosofía, escritor, deseñador gráfico e, sobre todo, un gran amante dos paxaros, falounos de como publicar un libro e de como deseñar unha capa. Foi unha charla moi interesante e esperamos que haxa unha segunda parte.


Despois, cada unha das integrantes do Club escolleu un libro sorpresa para ler en xuño. Na próxima reunión descubriremos se a escolla foi acertada!

Os Sneetches

 Para a xuntanza deste mes co Club de lectura E ti que contas?, achegámonos á biblioteca do Colexio de Educación Especial e alí puidemos coñecer unha historia tradicional inglesa, Os Sneetches, uns gansos moi divertidos. Aprende
mos que o importante non é que sexamos todos iguais, porque a diferenza nos fai persoas únicas... teñamos unha estrela verde na barriga ou non.

Despois da lectura escollemos o próximo libro. Cal será? O 15 de xuño teremos a resposta!