Xa temos na Biblioteca a primeira lectura do Club de ciencia ficción. Agora, desfrutaremos coa súa lectura e, proximamente, compartiremos experiencias lectoras.
mércores, 22 de outubro de 2025
martes, 21 de outubro de 2025
luns, 13 de outubro de 2025
Club de ciencia ficción
Hoxe foi a xuntanza do Club de lectura de ciencia ficción que coordinarán Carlos Merino (profesor de Filosofía) e Fernando F. Rego (profesor de Física e membro da Biblioteca). Presentaron a temática na biblioteca ao alumnado de bacharelato que está disposto a compartir estes momentos lectores.
Comezamos a ler
Nada mellor que empezar o curso que falando de libros e iso foi o que fixo o Club de lectura do profesorado.
Compartimos as lecturas do verán: Como bestias de Violaine Bérot, Grand Hotel Europa de Leonard Pfeijffer, Zuleijá abre los ojos de Guzel Yájina, Helada en mayo de Antonia White e Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro.
luns, 23 de xuño de 2025
Despedida do Club
Na última xuntanza tocou despedirnos do Club de lectura por este curso e tivemos unha reunión moi completa. Primeiro falamos de Invisible de Eloy Moreno (gustou moito esta historia) e despois, mentres merendabamos, falamos dos plans do verán e, por suposto, das lecturas que temos agardando para eses dous meses de vacacións... Algunhas son: Mentira de Care Santos e Asesinato para principiantes de Holly Jackson.
Despois, reunímonos co Club de lectura do IES Chano Piñeiro de Forcarei, mediante unha vídeo chamada. Con este grupo tan divertido, falamos de libros e quedamos en facer unha xuntanza o vindeiro curso para poder coñecernos en persoa.


